Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEREITOS HUMANOS

O goberno de EUA bloquea a publicación de fotos de violacións sexuais en Abu Grahib

Un ex xeneral confirma a existencia de fotografías de graves abusos. Obama considera que xa están depuradas as responsabilidades.

Redacción - 11:20 29/05/2009

As terríbeis fotos que xa se coñecían sobre torturas na prisión de Abu Grahib (Iraq) só son unha pequena mostra das aberracións cometidas por algúns soldados de EUA. O ex xeneral Antonio Taguba, que no se momento dirixiu a investigación que revelou o escándalo, aseguroulle esta quinta feira ao xornal Daily Telegraph que moitas fotografías que non chegaron a publicarse incluían gravísimos abusos sexuais.

Taguba afirma que comprende a decisión de Barack Obama de non divulgar as fotografías, a pesar de que o presidente tiña prometido divulgalas. Segundo o Telegraph, entre as imaxes hai polo menos unha na que se pode ver a un soldado violando unha muller presa e outra na que un tradutor viola analmente un prisioneiro-

A noticia do Telegraph non fai máis que confirmar as torturas que conmocionaron o mundo en 2004, ano no que se publicaron algunhas fotos. Segundo algunhas fotos, o goberno de EUA decidiu manter ocultas perto de dúas mil fotografías debido ao seu grao de violencia.

Unha sentenza, gañada pola American Civil Liberties Union, estipula que deben ser publicadas. Aínda que nun primeiro momento Obama afirmou que non ía recorrer a decisión xudicial, as fortes presións de altos cargos fixéronlle cambiar de opinión. O novo presidente asegura que as responsabilidades xa están depuradas.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: