Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nas explotación de Barreiros (A Mariña)

Tres empresas lácteas recollerán o leite que non quere Lence

A Consellaría de Medio Rural informará esta cuarta feira aos gandeiros afectados que industria pasará a retirar o leite das súas explotacións.

Redacción - 09:00 27/05/2009
Imaxe das protestas, ante a negativa de Leite Río de recoller materia prima nalgunhas explotacións

Imaxe das protestas, ante a negativa de Leite Río de recoller materia prima nalgunhas explotacións

Tres empresas lácteas estudaban, na tardiña desta terza feira, cales delas habían asumir as rutas nas que se localizan as dúas explotacións ás que Leite Río rexeitou seguir adquirindo a súa materia prima. A Consellaría de Medio Rural informará esta cuarta feira aos gandeiros afectados que industria pasará a retirar o leite das súas explotacións.

Así o asegurou o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuentes Parga (PPdeG), quen tamén sinalou que as negociacións impulsadas polo departamento de Samuel Juárez permitirán que os produtores lácteos non estean obrigados a tirar a súa materia prima, que en conxunto ascende a seis mil litros diarios.

As opcións baralladas, segundo aseguraron fontes del sector, apuntan a un grupo cooperativo e a un primeiro comprador que adquirirían a produción das dúas explotación mariñas. Pese a non ter transcendido o nome das industrias leiteiras, o xerente da Asociación de Empresas Lácteas de Galiza (Aelga), Pedro Ramos, confirmou leite "estaba asignado" dende a terza, e que será recollido a primeira hora da cuarta feira.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: