Ourense e Compostela deron un paso ben firme este domingo para subir a Segunda B. Os ourensáns gañaron no Couto por catro goles a cero ao Tudelense. Logo do recital de goles, o equipo das Burgas só lle resta un, a priori, cómodo partido de volta o vindeiro domingo. Tamén contudente foi a vitoria dos santiagueses. O equipo de Baleato gañou 3-0 a un Atlético Monzón que se viu totalmente desbordado polo Compostela.
Máis discreta foi a vitoria do Cerceda. O equipo da Terra de Ordes logrou o único tanto do partido no tempo do desconto. O equipo de Suso Moure que terá o vindeiro domingo un partido complicado en terras navarras que terá que superar se quere seguir loitando polo ascenso.
O cuarto dos equipos galegos que loitan polo ascenso, o Montañeros, perdeu o sábado por 1-0 fronte ao Hellín. O equipo coruñés intentará remontar esta fin de semana.