Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO

A ONU pídelle ao goberno de Sri Lanka que teña en conta os dereitos da minoría tamil

O seu secretario xeral, Ban Ki-moon, aconsella diálogo para evitar que xurda unha “guerra de guerrillas”. Mentres a situación dos desprazados segue a ser dramática.

Redacción - 13:00 23/05/2009

O goberno de Sri Lanka debe tenderlle a man á minoría tamil. Esta é a receita que acaba de poñer enriba da mesa a ONU para solucionar o histórico conflito. Ban ki-monn, que está a visitar campamentos de refuxiados, pide que se abra un proceso de reconciliación entre o goberno e os independentistas tamiles.

Aínda que o executivo de Sri Lanka anunciou esta semana a derrota dos Tigres de Liberación da Patria Tamil, logo de case tres décadas de guerra aberta, o secretario xeral da ONU foi claro sobre os pasos a dar: “Agardo que o presidente Rajapaksa e os dirixentes do goberno tendan a man ás minorías para garantir un diálogo completo”.

Dende a ONU afirman que logo de gañar a guerra, o goberno de Sri Lanka ten un un gran reto por diante: “gañar a paz” e evitar que o conflito mude nunha “guerra de guerrillas”. Rajapaksa comprometeuse a buscar un acordo político coa minoría tamil.

As axencias de axuda humanitaria denuncian os obstáculos que está a poñer o exército para a distribución de axuda ás ducias de milleiros de desprazados. O goberno busca a combatentes tamiles entre os refuxiados.

A ONU calcula que no conflito morreron arredor de 90 mil persoas. Diferentes colectivos como Amnistía Internacional piden que se abra unha investigación con garantías para xulgar os crimes de guerra e a violación dos máis elementais dereitos humanos.

Especial BBC sobre o conflito:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: