O sistema, presentado pola concelleira de Medio Ambiente, pretende contabilizar canto tempo leva limpar cada rúa.
O Concello da Coruña incorporou o sistema GPS nos seus vehículos de limpeza urbana. Segundo anunciou a responsábel de Medio Ambiente, Nieves Vázquez, o sistema servirá para controlar e mellorar a eficacia do servizo, ao obter información de cando, como e en canto tempo se limpa cada rúa.
A frota de vehículos de limpeza da cidade xa ten instalado o sistema de xeolocalización, que se emprega tamén en cidades como Madrid e Barcelona, segundo explicou Vázquez. En total, son xa 116 máquinas de limpeza da Coruña as que dispoñen de GPS.