Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
nun formulario, na súa web

Colectivos homosexuais belgas protestan contra a Cruz Vermella, que se nega a aceptarlles o sangue

A entidade internacional contempla sete supostos nos que non permite unha doazón, entre eles "ser home, e manter relacións sexuais con outro home".

Redacción - 14:00 19/05/2009

"Debemos permitirlle aos homosexuais doar sangue", sinalaron dende a Maison Arc-en-ciel (A Casa do Arco da Vella, en francés), colectivo defensor dos dereitos das persoas homosexuais, ao saber que a Cruz Vermella non aceptaba doazóns do seu sangue en Bélxica. Este colectivo belga, que inclúe unhas 30 organizacións de LGBT de Bruxelas, denunciou que se trata dunha "situación intolerábel de discriminación", nas verbas do seu coordinador, Jochen Van der Worp.

As protestas comezaron cando se fixo público que o servizo web da Cruz Vermella en Bélxica convidaba os doantes potenciais a axudar, mais obrigándoos a absterse no caso de estar medicados, ter o VIH ou ter unha parella seropositiva; ter máis dunha parella sexual ou que a súa parella a teña; tomar drogas ou ter unha parella que as tome; e, de ser home, ter relacións sexuais cunha persoa do seu mesmo sexo.

Este último punto foi o que anoxou os colectivos LGBT belgas que van presentar a súa protesta ante o goberno federal, a través do Ministerio de Saúde Pública, para que se tomen rápidas medidas que muden estas prácticas.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: