Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AGASALLO PARA O DÍA DAS LETRAS

Mancomún presenta o novo AraOS, un paquete para galeguizar Linux

A nova versión do metapaquete, que engade corrector ortográfico e aplicacións na nosa lingua, iguálase coa última de Ubuntu.

Redacción - 12:00 18/05/2009

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún, tamén celebrou ao seu xeito o Día das Letras e da Sociedade da Información, presentando unha nova versión do metapaquete AraOS. A utilidade automatiza a galeguización do sistema operativo Ubuntu, que queda, deste xeito, practicamente convertido nun Galinux. De feito, Galinux creouse a partir de AraOS.

A versión de AraOS presentada coincide coa máis recente de Ubuntu, a 9.04, con nome clave Jaunty Jackalope. Ademais de galeguizar o sistema operativo, modifica o seu aspecto gráfico. O metapaquete pódese instalar engadindo o repositorio de Mancomún ou descargando unha imaxe de CD para probalo sen ter que modificar o contido do disco duro. Entre as aplicacións que traduce automaticamente o metapaquete están o Firefox, Thunderbird e OpenOffice.org, ademais de incluír como predeterminado o dicionario do corrector ortográfico en galego.

Como permite o software libre, este paquete pódese personalizar para modificar a imaxe gráfica do sistema operativo ou integrar aplicativos específicos para confeccionar unha distribución encamiñada a un sector concreto.


4,5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: