O presidente da Xunta recibiu máis votos que Galicia Bilingüe, UPyD e o Círculo Financeiro de Vigo. Ana López-Suevos foi nomeada 'Galega de Pro'.
Despois de máis de 600 votos, Alberto Núñez Feijoo impúxose con claridade no apartado de 'Antilingua', destinado a "recoñecer a persoa que máis dano fixo á lingua galega ao longo do ano". Feijoo obtivo o 37% dos votos, moi por diante de Galicia Bilingüe, gañador na primeira edición dos premios, que ficou no 15%, de UPyD (9%), o Círculo Financeiro de Vigo (8%) e a FAES (6%).
Pola contra, a xuíz Ana López-Suevos "por defender o seu dereito a empregar o galego nas súas actuacións xudiciáis", foi galardoada como 'Galega de Pro', ao recibir o 27 por cento dos votos, por diante de R (16%), de Avelino Pousa Antelo (14%), de Manuel Rivas (9%) e dos medios de comunicación en galego (8%).
Podes consultar os resultados completos das votacións na web de Galiciaprofunda.com.