Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica reforma lexislativa

Italia afonda na criminalización dos inmigrantes

A nova lei de seguridade converte en delito a inmigración "sen papeis" e permite por exemplo a formación de patrullas locais integradas por civís.

Redacción - 08:00 15/05/2009
O presidente Giorgio Napolitano advertiu contra a lei impulsada polo primeiro ministro Berlusconi

O presidente Giorgio Napolitano advertiu contra a lei impulsada polo primeiro ministro Berlusconi

A maioría da dereita na Cámara baixa italiana deulle a beizón esta semana á lei de Seguridade e Extranxeiría, un polémico texto onde a inmigración é duramente castigada. Multas de entre 5 e 10 mil euros, permiso para a retención en centros de identificación e expulsión por períodos de até seis meses, pagos de 200 euros para a tramitación de permisos de residencia... son algunhas das medidas introducidas nunha lei que crea o chamado delito de "inmigración e estancia" clandestinas.

"Pechámoslles as portas e só as imos abrir para aqueles que veñen traballar e integrárense", resumía para os medios de comunicación este xoves o primeiro ministro Silvio Berlusconi. De paso, o mandatario italiano escudábase en enquisas segundo as cales unha maioría de cidadáns apoia en Italia estas medidas. Outro eixo da polémica lei de seguridade é a introdución do permiso para as chamadas roldas cidadás nas rúas, co obxectivo de vixiar as cidades pola noite para "combater o crime" e supostamente, axudarlle á policía a localizar delincuentes.

Na prensa italiana: 


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: