Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO

Unha nova xeracións de ensaístas galegos

María López Sández, Xosé Ramón Quintana ou Alexandre García Caballero e Ramón García Area Carracedo gañaron nos últimos anos o certame.

Redacción - 16:48 14/05/2009

"Anxo Quintana é un político esponxa, moi intuitivo, e ten moi clara a fórmula da supervivencia"
Xosé Ramón Quintana fíxose co certame de ensaio con 'Un longo e tortuoso camiño: Adaptación, crise e cambio no BNG (1982-2008)'. O xurado valorou "a capacidade do autor para interpretar e reconstruír, con rigor intelectual e eficacia expositiva, o proceso recente da formación nacionalista"; así mesmo, salientou o importante corpus documental empregado polo historiador ourensán.

A paisaxe, cerna da identidade nacional
María López Sández presentou no Ramón Piñeiro 'Paisaxe e nación', un estudo sobre os imaxinarios ligados á terra creados pola literatura.

Un estudo psiquiátrico sobre os emigrantes retornados gaña o Ramón Piñeiro
Dous médicos novos e especializados en psiquiatría abordan na súa obra un tema fondamente relacionado coa nosa cultura, dende unha perspectiva científica ben orixinal: que sente unha persoa que volve á terra despois de vivir na emigración?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: