O buscador Google vén de estrear un directorio de webs ordenadas en clásicas seccións. O caso é que na sección 'World' inclúe o galego como unha das linguas nas que se poden atopar recursos, ademais de catalán, vasco, galés, esperanto, etc. Iso si, só hai 92 webs en galego, así que... correde a rexistrar a vosa páxina!
.