Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SANT

O herbario virtual da USC é recoñecido polo seu labor divulgador

Durante este ano completará a posta a disposición do público de todos os seus fondos, con case 95 mil exemplares de plantas galegas.

Redacción - 12:45 12/05/2009
Un exemplo do herbario virtual

Un exemplo do herbario virtual

O Herbario da USC, SANT, que se pode visitar virtualmente a través da web, foi recoñecido como 'protagonista do mes' do Nodo GBIF do Estado Español. Deste xeito, valórase a súa informatización, os avances na posta a disposición da información contida nel e os seus esforzos na divulgación botánica.

GBIF é o portal de internet máis visitado da Península Ibérica relativo á biodiversidade, con catro millóns de rexistros de herbarios e de museos de Historia Natural, entre os que se atopa o Herbario SANT.

A colección, dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC, agrupa espécimes vexetais desecados e conservados, etiquetados como un material para o estudo da flora e da vexetación. Practicamente toda o ficheiro de plantas vasculares e de algas do SANT pódese consultar dende gbif.es e gbif.org. Ao longo de 2009 espérase incluír tamén os ficheiros de liques e de musgos. As catro coleccións conteñen preto de 95 mil exemplares.

O herbario estreouse na rede en novembro de 2008, coincidindo coa Semana da Ciencia.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: