No recital participaron David Bisbal, Carlos Baute, Marta Sánchez ou a orquestra Panorama, que afirma que "non lle parece normal".
O pasado 30 de abril a Orquestra Panorama organizou un macroconcerto en Ordes para recaudar fondos para loitar contra o cancro. Participaron David Bisbal, Carlos Baute, David Bustamante ou Marta Sánchez, entre outros artistas, e asistiron ao redor de trinta mil persoas. O espectáculo está obrigado a entregarlle á Sociedad General de Autores de España o 10% do custe total da organización, ao redor de 542 euros, que a Asociación Española Contra o Cancro só recuperará se todos os artistas que participaron no recital dan o seu consentimento. Dende a Orquestra Panorama cren que isto "non é normal".
Esta polémica únese á noticia de que finalmente a SGAE devolverá máis de cinco mil euros aos organizadores dun concerto organizado hai uns meses para curar un neno enfermo do Síndrome de Alexander. Dende a sociedade privada que xestiona os dereitos de autor no Estado Español repetiuse estes días que aquilo non se trataba dunha 'devolución', senón dunha 'doazón'.