Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para os vindeiros catros anos

A patronal escolle entre Fontenla e Fernández Alvariño o seu novo presidente

A Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) comeza unhas eleccións que poderían significar o terceiro mandato de Fontenla, ou o cambio de dirección.

Redacción - 09:00 07/05/2009

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) elixe esta quinta feira entre apoiar o presidente en funcións, Antonio Fontenla, para que inicie o seu terceiro mandato á fronte da patronal, ou mudar a dirección desta organización con José Manuel Fernández Alvariño, actual presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

Na tarde da quinta desenvolverase tarde na sede de la CEG en Compostela, unha asemblea para a elección do presidente dos empresarios, á que aspiran unicamente Fontenla e Fernández Alvariño, que reeditan, deste xeito, o enfrontamento que se produciu nas eleccións de 2001.

As promesas dos candidatos
Ámbolos dous candidatos expuxeron, esta cuarta feira, os seus obxectivos. Fernández Alvariño sinalou que a súa proposta parte de estabelecer un "gran pacto polo emprego" no que participen sindicatos e Administración, e outro acordo coas caixas e os bancos galegos, co fin de que "lideren" a aportación de cartos para que as empresas sigan funcionando en Galiza. Tamén anunciou que, de converterse en presidente da patronal galega, ha potenciar os catro presidentes provinciais -el mesmo deixaría a presidencia en Pontevedra- e os sectoriais; limitando os mandatos a dous por candidato -até un máximo de oito años- e eliminando o voto por delegados.

Pola súa parte, Fontenla insistiu en que o prioritario á dar financiamento ás empresas, para o que pide que o Igape articule medidas de apoio para el tecido empresarial galego. Nesta liña, defendeu a necesidade de internacionalización das firmas do país.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: