Supera a Canal Sur en medio punto, e ás canles catalá e vasca en dous. En Galiza só ten por diante a TVE.
A TVG pecha un ciclo, á espera de que nos vindeiros meses se nomee un novo director xeral da CRTVG e un novo equipo directivo para a televisión pública, e no medio, mesmo, dos primeiros rumores sobre unha posíbel proxecto de privatización da canle. Péchao cos mellores datos de audiencia da súa historia, nun escenario de fragmentación dos públicos e de diversificación da oferta de canles.
En abril a televisión pública galega foi a cadea autonómica máis vista, cun 16.3% de media, superando en máis de dou puntos a media da Forta (14%). A TVG está por riba de Canal Sur (15.9%), TV3 (14.3%) e ETB2 (14.2%). Máis atrás están as canles de Valencia (12.3%), Canarias (12.1%), Castela A Mancha (10.8%) e o resto fica por debaixo do dez por cento, por exemplo Telemadrid, co 9.3%.
A TVG é a segunda canle máis vista en Galiza, só por detrás de TVE (18.8%), e por diante de Telecinco (15.3%) e Antena3 (14.7%).