Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Escaseza de medicamentos

A crise financeira está provocar dificultades no acceso ao tratamento do VIH

O financiamento dos programas de prevención para combater o virus e a enfermidade da sida están en perigo, alerta un estudo da ONU.

Redacción - 08:00 04/05/2009
Hai escaseza de retrovirais

Hai escaseza de retrovirais

Segundo un recente estudo de Nacións Unidas, a crise financeira global está a provocar que moitas persoas co virus do VIH non poidan acceder ao seu tratamento. Concretamente, os datos dunha enquisa realizada en 69 países reflicten que en oito destes hai escaseza de medicamentos.

Ademais, nun total de 22 estados de África, Caribe, Europa, Asia e Pacífico, que concentran o 60% da poboación do mundo que precisa retrovirais, poderían verse afectados da mesma maneira ao longo do vindeiro ano.

Tamén se teme que se a situación económica actual continúa o financiamento dos programas de prevención se vexa afectado. Dentro dos Obxectivos do Milenio acordados polos líderes mundiais estaba o de dar acceso universal ao tratamento do VIH.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: