Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Co precedente da sentenza de Ferrazo

Alegacións á ampliación da capacidade regasificadora de Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia considera que a ampliación da capacidade da gaseira, multiplicaría o risco do tráfico de buques e o vertido de combustíbeis na ría de Ferrol.

Redacción - 13:15 30/04/2009
Flickr: xoanporto

Flickr: xoanporto

Os colectivos pertencentes ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentaron esta semana varias alegacións (en .pdf) contra a ampliación da capacidade regasificadora de Reganosa. A gaseira ferrolá pasará a ter unha capacidade de 825.600 metros cúbicos (N)/h, o duplo da actual, o que é interpretado por estes colectivos coma unha multiplicación do risco de tráfico de buques na ría -pasarían dos actuais 50 aos 104 barcos anuais-, e, por conseguinte, un aumento do consumo e do vertido de combustíbel e outros efluentes na ría.

Agardando que a sentenza de Ferrazo "sente xurisprudencia"
A asociación ecoloxista Adega -que fai parte do Comité de Emerxencia- afirma, nunha súa nota, que están a agardar que, como aconteceu cos depósitos do Ferrazo (Vilagarcía de Arousa, O Salnés), "os tribunais confirmen a ilegalidade da planta de Mugardos", xa que, segundo indican, nos dous casos "faltou o preceptivo estudo de impacto ambiental". Para os ecoloxistas, o novo proxecto de Reganosa "inicia unha fuxida cara adiante, pretendendo forzar a capacidade de regasificación dunhas instalacións constrinxidas" entre as casas de Mugardos e "sen posibilidade de ampliación".

Nesta liña, volven confiar en que a sentenza de Ferrazo "sente xurisprudencia", para que poida ser aplicada no caso de Reganosa, evitando unha ampliación que, segundo Adega, "comporta parecidos riscos paisaxísticos, ambientais e de seguridade cidadá". Ademais disto, Adega tamén di agardar a que a Xunta modifique a súa posición, e asuma as consideracións do Supremo, "renunciando aos vergoñentos recursos contra as sentenzas contrarias a Reganosa que no seu día emitiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e que nin o PPdeG nin o bipartito quixeron retirar".


4,69/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: