Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CONTINUARÁ ATÉ O 2013

O ourensán Alexandre Blanco reelixido presidente do COE

O máximo dirixente do Comité Olímpico Español tivo o apoio masivo dunha asemblea na que 141 dos 151 votos apostaron pola súa continuidade.

Redacción - 18:15 29/04/2009
Alexandre Blanco

Alexandre Blanco

O ourensán Alexandre Blanco foi reelixido este mércores no seu cargo de presidente do Comité Olímpico Español (COE) durante a Asemblea Xeral Extraordinaria de dito organismo, nunha votación que contou con 151 votos emitidos, dos que 141 foron ao seu favor e só dez en branco.

Deste xeito, Blanco seguirá catro anos máis á fronte do COE, ao que chegou en setembro de 2005, despois dun proceso electoral no que foi o único candidato que se presentou. Blanco dixo no seu discurso que pretende "responder á confianza depositada nel" e destacou o traballo feito polo seu equipo durante o mandato anterior "tanto en Beixín como nas diferentes competicións".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: