Participarán destacados músicos de Brasil, India e Polonia, que ofrecerán concertos acompañados de mostras de danza e gastronomía.
O obxectivo destas tres sesións é afianzar a convivencia, aprendizaxe e a posta en común de experiencias sobre música de tradición oral das comunidades culturais de outras nacionalidades presentes na sociedade viguesa. Para o alumnado da e-Trad e afeccionados ao folk e á world music, representa unha fonte de enriquecemento e a ampliación de experiencias no campo educativo. Música, danza e gastronomía serán os eixos principais destas sesións nas que participaran convidados procedentes da India, Brasil e Polonia. Todas as actividades terán lugara na sede da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk, en García Barbón, 5.
Renato Spencer, brasileiro, experto en música nordestina, Vikas Triparti, percusionista hindú, e Piotr Lublin, violinista polaco, levarán ás aulas da e-Trad os acentos das músicas do mundo. Os actos pretenden a integración dos asistentes en cantos e danzas, o intercambio de experiencias musicais e mesmo gastronómicas nun ambiente de convivencia na diversidade cultural.
Programación
Venres 8 de maio: "A Música de Recife". Renato Spencer, experto en música Nordestina do Brasil
Venres 15 de maio: "A Tabla hindú". Vikas Triparti, Tablista de Benarés
Venres 22 de maio: "Músicas Balcánicas". Piotr Lublin, Violinista polaco