Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ABERTO DE ESPAÑA

A nova fazaña do taekwondo galego pesa tanto coma 25 medallas

A selección nacional rematou primeira por equipos, impoñéndose a cadros tan consagrados como o Francés ou o Español.

Redacción - 09:00 28/04/2009
Os taekwondistas do país seguen obcecados en mudar a patadas a xerarquía mundial

Os taekwondistas do país seguen obcecados en mudar a patadas a xerarquía mundial

A cidade de Alicante acolleu a sétima edición do Aberto de España de Taekwondo, no que participaron 40 das máis potentes seleccións do mundo. Alí, a selección galega deu unha nova mostra do seu músculo, acadando a primeira posición por equipos. Esta competición está catalogada dentro da máxima categoría recollida pola Federación Mundial de Taekwondo (WTF).

Sumando os títulos acadados en todas as categorías Galiza apañou oito ouros, catro pratas e trece bronces. Nos ouros destacan en categoría absoluta os acadados por José Fernández ( peso 'pluma') e Xerardo Ortiz (peso 'pesado'). As outras medallas na categoría absoluta foron a prata de Rebeca Mariño (peso 'galo') e os bronces de Belén Asensio (peso 'mosca'), Andrea Rica (peso 'pluma'), Miguel A. Cortegoso (peso 'mosca'), Fernando Rascado (peso 'super lixeiro') e Raúl Bouzas (peso 'lixeiro').

Bo papel de cadetes, júniors e do equipo de técnica
No primeiro día de competición desenvolvéronse os torneos dos máis novos, onde o equipo nacional acadou tres ouros, dúas pratas e cinco bronces. Tamén se desenvolveu, no último día, a competición de técnica, na que os representantes do taekwondo galego acadaron un metal de cada cor.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: