O sismo sentiuse nunha conferencia de prensa en que o ministro de Saúde, José Ángel Córdova, daba os últimos datos sobre a gripe porcina.
No DF a intensidade foi de 5,7
Un tremor de terra de magnitude 6 na escala Richter sacudiu a capital mexicana e provocou o pánico entre a poboación, en medio da alerta sanitaria polo brote de gripe porcina, que se cre puido causar 149 mortos.
Segundo o Instituto Xeolóxico dos Estados Unidos (USGS, en inglés) o epicentro do terremoto situouse ao sur-sueste de Txitla, no estado de Guerrero, a 240 quilómetros da capital, Cidade de México e comezou ás 11.46 horas (18.46 horas en Galiza).
O sismo sentiuse nunha conferencia de prensa en que o ministro de Sanidade, José Ángel Córdova, daba os últimos datos sobre a situación sanitaria pola gripe porcina. Polo momento descoñécese se o tremor de terra ocasionou danos persoais ou materiais.