Autores, editores e investigadores do libro infantil e xuvenil de todo o planeta reuniranse na Cidade da Cultura nesas datas.
Trátase do máis importante evento relacionado coa literatura infantil e xuvenil que cada dous anos ten lugar no mundo. Baixo o tema xeral 'A forza das minorías' o 32º Congreso Internacional de IBBY será unha oportunidade única para ver e escoitar en Galiza a persoeiros da creación literaria, da ilustración, do cinema de animación, da promoción da lectura, do pensamento e do ensino.
Asemade, e baixo o patrocinio da Raíña Marguette II de Dinamarca, entregaranse as Medallas Hans Christian Andersen, os chamados Premios Nóbel da Literatura Infantil.
Xosé Antonio Neira Cruz, Comisario do Congreso e único membro galego de IBBY, falou da importancia da celebración deste evento en Galiza, un fito histórico, e reflectiu que o obxectivo do mesmo, polo que se está a traballar, é sentar as bases que sirvan de alicerce a unha conciencia renovada en canto á presenza, moitas veces calada, das minorías, incluíndo os novos grupos que xurdiron como consecuencia da evolución dos pobos.