Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VINTE ANOS DESPOIS

Ordes rende culto ao champiñón

A festa gastronómica pecha unha fin de semana marcado pola feira agrícola e téxtil.

Redacción - 11:00 26/04/2009

Hai vinte anos alguén considerou que Ordes tiña que ter unha festa gastronómica propia.  O feito de que algunhas empresas locais estivese probando nos anos 80 o cultivo do champiñón encarreirou a decisión. Dúas décadas despois, non hai en toda a comarca ningunha sociedade que se dedique ao cultivo do produto, pero, paradoxicamente, a festa gastronómica foise consolidando.

Mais esta fin de semana, Ordes é moito máis que os milleiros de racións de champiñóns que se serven en máis dun cento de bares. A capital da comarca alberga Expo Ordes, unha ecléctica feira onde se poden mercar dende coches até maquinaria agrícola ou ver as últimas tendencias en deseño téxtil, un sector que, canda o agrogandeiro, é o motor dunha bisbarra de perto de 40 mil persoas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: