Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Universidade de Northumbria, en Newcastle

Inditex inaugura unha súa cátedra no Reino Unido

O obxectivo deste curso, de duración semestral, é o de achegarlle o estudantado á comercialización da moda, mais dende unha perspectiva de sustentabilidade.

Redacción - 12:00 24/04/2009
Detalle da web da Universidade de Northumbia

Detalle da web da Universidade de Northumbia

O pasado mes de novembro de 2008, o grupo galego Inditex e a Federación Internacional de Traballadores do Téxtil, Vestimenta e Coiro (ITGLWF, nas súas siglas en inglés), presentaron unha Cátedra cos seus dous nomes unidos, e co subtítulo "en Moda Ética".

A cátedra comeza este mes na Universidade de Northumbria, en Newcastle, onde existe unha das escolas de deseño con maior recoñecemento internacional. O programa académico presentouse o pasado inverno na Ethical Fashion Week, desenvolvida pola institución académica británica. O curso ten unha duración de seis meses.

A cátedra ten como obxectivo a formación de profesionais en aspectos éticos, dentro de toda a cadea de produción do sector téxtil e a distribución de moda. Tamén se incidirá nos aspectos máis relevantes do deseño e o aprovisionamento ético, así como na responsabilidade social corporativa. Esta cátedra nace para cumprir o acordo asinado en 2008 por Inditex e a ITLGLWF, co obxectivo de velar polo cumprimento do Código de Conduta de Fabricantes de Inditex, e o desenvolvemento da liberdade sindical e os dereitos da negociación colectiva a nivel internacional, tamén nos países en vías de desenvolvemento, onde estes aspectos, polo seu reiterado incumprimento, xeran máis polémica.


1/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: