Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CON MOITA POLÉMICA

Oklahoma escolle como himno unha canción dos Flaming Lips

A pesar de que a cámara de representantes votou en contra, o Gobernador decidiu que a guitarreira 'Do you realize?' represente ao Estado.

Redacción - 11:15 24/04/2009

O pasado mes de febreiro, o pobo do Estado de Oklahoma decidiu que Do You Realize?, canción de Flaming Lips incluída en Yoshimi Battles the Pink Robots (2002), debía ser o himno estatal. O asunto, aprobado tamén polo senado, pasou a Cámara de Representantes, que este xoves celebrou unha votación moi polémica que, por dous votos, decidiu anular a decisión popular. Os deputados que votaron en contra argumentaron que a reputación da banda de "usar linguaxe obscena" e levar "camisetas ofensivas" non lles permitía ser os compositores de ningunha canción que representase ao Estado. Refírense a unha camisola coa fouce e o martelo Michael Ivins, un dos integrantes da banda, luciu hai unhas semanas nun acto oficial.

Porén, Brad Henry, gobernador de Oklahoma, decidiu asinar un decreto para saltarse a decisión da Cámara de Representantes e Do you realize? converteuse no novo himno estatal. A polémica continúa, e Los Angeles Times' pregúntase nun artigo este venres se a banda de Wayne Coyne, Kliph Scurlock e Michael Ivins é "comunista de máis" para Oklahoma. Aínda que cunha orixe ben distinta, o nome de Oklahoma, procede das palabras indias okla e humma, que significan "xente vermella".

A pregunta que xorde é que pasaría se Galiza decidise adoptar un tema contemporáneo como himno. Ti cal escollerías?


4,53/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: