A compañía Net2 ofrece cobertura universal de banda larga, a cambio duns prezos superiores e velocidades inferiores ao ADSL.
Maqueta dun dos satélites de SES-Astra
Unha compañía presentou esta semana unha nova modalidade de internet por satélite que permitirá achegarlles as conexións á rede ás áreas máis illadas, onde non chegan o ADSL nin as conexións móbiles. Os accesos por satélite teñen a vantaxe de chegan a toda a superficie de cobertura do aparello, sen que lles afecten os accidentes xeográficos. En contra están o prezo, superior ás conexións convencionais, e a velocidade, polo xeral máis limitada.
A empresa Net2, que opera a través dos satélites de Astra, ofrece varias modalidades de conexións que van dende 21,90 euros ao mes (máis IVE) para 256 Kbps de baixada e 64 de subida a 69,90 por 2 megas/128. Ademais, entre as súas características están que a conexión, tanto de baixada como de subida, é directa co satélite, e que non hai límites mensuais de transferencia de datos. Ademais, dispón de servizos adicionais como televisión e telefonía IP, por un custo adicional.