Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Avaliando o impacto ecolóxico e económico

Europa gasta 10 mil millóns de euros ao ano controlando as especies invasoras

O xacinto de auga é unha das 11 mil especies que chegaron sen seren convidados, e están a facer perigar o fráxil equilibrio ecolóxico do vello continente.

Redacción - 12:50 26/04/2009
Capa do mes de maio da revista na que se publicou este estudo

Capa do mes de maio da revista na que se publicou este estudo

O xacinto de auga ou o lagostino do Luisiana -o cangrexo de río americano-, están entre as 11 mil especies de plantas e animais que chegaron a Europa sen seren convidados, e están a facer perigar o fráxil equilibrio ecolóxico do vello continente.

Europa gasta 10 millóns de euros ao ano para controlar e terminar co avance destas especies foráneas. Así o constatou unha equipa de investigadores da Estación Biolóxica de Doñana (Sevilla), capitaneados por Montserrat Vila, quen tamén fixo unha listaxe das 10 especies máis perigosas e cuxo combate é máis caro, coma o xacinto de auga (que custa 3,4 millóns de euros), a lontra (que custa 2,8 millóns) e a alga mariña (que lles custa ás arcas europeas 8,2 millóns de euros).

Que son as especies invasoras e que problemas xeran no medio?
As especies invasoras son aquelas que perturban os ecosistemas naturais e humanos, desequilibrando as cadeas de alimentación. Un exemplo é a lontra de río, que tamén se alimenta das colleitas humanas. Porén, por primeira vez un equipo de biólogos se preguntou polo custe económico destes danos no medio. As súas respostas publicáronse na revista Frontiers in Ecology and the Enviroment, xunto coa listaxe das especies máis daniñas.

Segundo a coordinadora do estudo, Montse Vila, o impacto destas plantas e animais é especialmente daniño porque "as nosas vidas dependen dos servizos que as especies prestan ao ecosistema", e a quebra destes provoca agresión ecolóxicas comparábeis, en moitas ocasións, ás da mudanza climática ou a contaminación. Outras veces, son efectos irreversíbeis.

Son os vertebrados terrestres os que provocan estragos en máis frontes, pero os que causan maiores prexuízos económicos son os invertebrados terrestres, como os insectos e as arañas, que danan as colleitas e máis os montes. Combater este problema, implica gastar cartos, investíndoos en accións de control e erradicacións das especies, e en programas de educación ambiental. Porén, a maior dificultade nesta batalla é que a maior parte dos impactos aínda non son coñecidos, feito polo que os investigadores reclaman a creación de organismos institucionais en varias áreas -agricultura, medio, saúde e transportes - para previr os impactos ecolóxicos destas especies, permitindo dar unha resposta transversal. A comezos do mes de abril este equipo de investigadores publicou un artigo na revista Science no que instaban á UE a crear un centro de xestión destas especies, a nivel supranacional.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: