Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
WINDSURF

Os fortes ventos castigan a Lara Lagoa no campionato europeo

A viguesa rematou en novena posición, apoucada por uns fortes ventos que non lle impediron gañar unha das mangas.

Redacción - 14:00 21/04/2009
Lara Lagoa

Lara Lagoa

Os fortes ventos cos que se disputou a maioría do Campionato Europeo de Windsurf da categoría júnior dificultaron o papel de Lara Lagoa, que rematou novena. Malia que ten só 14 anos e competía por primeira vez na categoría sub-17, Lara chegaba a Lacanou coa esperanza de loitar polas medallas.

Nas dúas primeiras xornadas disputáronse seis das 10 mangas en que se dividía o campionato, todas elas con ventos superiores aos 18 nós. Nesas condicións Lara mantívose entre as 10 primeiras e incluso mellorou cando na terceira xornada se disputaron dúas mangas con ventos máis moderados. Aquí gañou unha das series e rematou cuarta na outra. Foi na última xornada cando rematou de afundirse na clasificación coa volta dos ventos fortes.

A falta de adaptación á nova vela ou a subida de categoría (era a primeira vez que Lara competía no europeo sub-17) son outros dos factores que afastaron a Lara do podio. Aínda así esta novena posición resulta un resultado razoábel e supón unha experiencia máis de cara o longo camiño deportivo que ten por diante a mellor windsurfista do país.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: