Chegaron xa máis de 170 relatos, un quente percorrido polo erotismo en galego. Tes aínda catro días para enviar o teu.
"Millóns de lostregazos sacuden todo Belesar transformados en dous berros síncronos. Máis longo o dela. Máis gutural o del". É o final do relato máis votado até agora: 'Lostregazos', de Chousa de Alcandra. É o primeiro dos 172 relatos que nas últimas semanas chegaron a Vieiros para participar na segunda edición do certame de microrrelatos eróticos. Relatos con sabor a caramelo, con mozas nas ventás, de amor animal,
Os lectores de Vieiros están dando mostra un ano máis da súa imaxinación, e do seu gusto polo sexo oral, polo sexo feito palabra, verbalizado, bisbado ou a berros, como escribiu Vermella: "gústame que fales, que vaias dicindo o que me vas a facer. A túa voz esperta os meus instintos e palabra tras palabra o meu corpo reacciona. Os meus peitos erguénse, as miñas coxas tremen e o meu sexo mollado latexa".
Quedan aínda catro días para que envíes o teu relato e poidas gañar a viaxe a Bruxas para dúas persoas ou a estadía dunha fin de semana na vila portuguesa de Amarante. Anímate.
Le aquí todos os relatos