Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Guerra contra o terrorismo' dos EUA

A Casa Branca recoñece as torturas da CIA, mais Obama pide pasar páxina

O Departamento de Xustiza publica informes oficiais onde se xustifica o uso de técnicas como a do 'insecto' ou a do 'walling'.

Redacción - 11:30 17/04/2009
Obama: "Non é o tempo dos castigos"

Obama: "Non é o tempo dos castigos"

O presidente dos EUA, Barack Obama pediu pasar páxina sobre un capítulo "escuro e doloroso" da historia do país, logo de que o Departamento de Xustiza fixo público de forma parcial o contido de catro informes oficiais, elaborados entre 2002 e 2005, onde se recollen os argumentos da Administración Bush para xustificar o uso de técnicas de tortura a supostos terroristas.

Obama volveu recordar que unha das súas primeiras decisións foi prohibir o uso destas prácticas como porque "non fan máis seguros" os EUA, e xustificou a publicación dos memoranda asegurando que quere evitar interpretacións "imprecisas" sobre o ocorrido.

Con todo, para o presidente estadounidense non é o tempo dos "castigos" senón da "reflexión", e asegurou que os funcionarios da CIA que levaron a cabo os interrogatorios cumpriron coas súas obrigas "de boa fe".

"Os homes e mulleres do noso servizo de intelixencia traballan con coraxe en primeira liña nun mundo perigoso. Os seus logros non se recoñecen e os seus nomes permanecen no anonimato, mais grazas aos seus sacrificios os estadounidenses están máis seguros", afirmou Obama.

O fiscal xeral, Eric Holder, anunciou que o Goberno defenderá calquera funcionario que poida ser imputado por eses feitos "dentro ou fóra" dos Estados Unidos. "Sería inxusto levalos ante os tribunais por unha conduta que aprobara de antemán o Departamento de Xustiza", declarou.


Técnicas de tortura da CIA
Waterboarding:
Empregada co fin de simular a sensación de afogamento. Usada en interrogatorios ao suposto organizador dos ataques do 11 de setembro Khalid Sheikh Mohammed.
Insecto: Un insecto inofensivo introdúcese xunto co sospeitoso nunha "caixa de confinamento", mais díselle que pode ser perigoso. Técnica aprobada para Abu Zubaydah, mais non executada.
Walling: O detido é golpeado repetidamente contra unha falsa parede para lle provocar aturdimento.
Privación do sono: Obrígaselle ao interrogado a permanecer de pé até 180 horas continuadas.


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: