Poderanse ver unha vintena de curtas, entre elas 'O cazador', 'Adeus Edrada', 'Leo' ou 'Cinco días de setembro'.
Un total de 19 curtametraxes competirán entre os días 21 e 25 de abril no ‘II Festival Galego de Curtas' do Concello de Sada. As pezas proxectaranse no auditorio da Casa da Cultura todos os días a partir das oito da tarde. O concurso clausurarase o día 25 coa gala de entrega de premios, que terá lugar na Casa da Cultura ás 19 horas.
O martes 21 de abril proxectaranse ‘Grazas pola súa visita', ‘O cazador', ‘Retornados', ‘Sinceramente' e ‘Pode ser'. O día 22, o pase incluirá o visionado de ‘Cinco días de setembro', ‘A xinecóloga', ‘Perversa Lola' e ‘Adeus Edrada'. O 23 proxectaranse as curtametraxes ‘Caracolas', ‘Z', ‘Economía de mercado', ‘Do señor e o home do soño' e ‘Ionqui. As últimas cinco curtas emitiranse o día 24: ‘O pintor de ceos', ‘Vellas', ‘The Werepig', ‘Leo' e ‘A fábrica'.
Na primeira edición do festival 'Cores' (Mr Misto) foi a gañadora, impoñéndode ás producións 'Automóbil', de Formatoriginal, e 'Da man da raíña vermella', de Currelo Filmes, que foron finalistas.