Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO, LEB OURO

O Rosalía dá un novo paso cara ao descenso

Os composteláns perderon por 78-84 fronte ao Ford Burgos e quedan a tres vitorias da salvación, con cinco partidos por xogar.

Redacción - 10:30 16/04/2009
Rosalía e Breogán achéganse á fase final do campionato

Rosalía e Breogán achéganse á fase final do campionato

O Beirasar Rosalía volveu perder nun final apertado, tal e como lle pasou en moitas ocasión durante este ano na liga Leb Ouro. Desta vez foi no pavillón Multiusos do Sar, fronte ao Ford Burgos e despois de ir todo o partido por detrás no marcador. Aínda así, chegaron con opcións aos minutos decisivos nos que o americano Kammron Taylor fallou un lanzamento de tres puntos que podía poñer ao seu equipo por diante, faltando só 20 segundos. Despois os burgaleses sentenciaron o encontro.

Esta derrota deixa ao Beirasar na última posición con seis vitorias, tres menos que o Gandía, último club dos que se salvarían. Malia que só quedan cinco xornadas os de César Iglesias terán un partido decisivo o vindeiro sábado precisamente fronte ao Gandía Básqueta. Visitan o campo dos levantinos e teñen a oportunidade de recortar distancias na táboa e recuperarlles a diferenza de puntos (decisiva en caso de empate) con respecto ao partido da primeira volta, no que os composteláns perderon por 11 puntos.

O outro equipo galego da categoría, o Leite Río Breogán, mantense no seu camiño cara as eliminatorias de ascenso, nas que participan os equipos clasificados entre o segundo e o noveno. Os de Sergio Valdeolmillos gañaron por 74 - 63 ao Clínicas Rincón, sétimo clasificado, e recuperan unha posición na táboa, colocándose cuartos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: