Hai meses que partiches do teu mar.
Un estraño país que non coincide
Co que era teu, con ese que soñabas
Segue a medrar en ti como se fose
A sombra dunha árbore
Xenerosa pero tamén terrible;
A sombra dun antigo pai desenganado
Que nos propón a nosa perdición.
Xa o conseguiches. Achegas
A mascara do tedio contra a face,
Arríncaslle un sorriso de saudade a esta hora,
E tes a fala escura, definitivamente
Afastada de todo. Pero entón remanece
Coma unha fontela solitaria (Adeus Norte, 1991)
A
Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrará este venres en Vigo unha homenaxe a
Ramiro Fonte, falecido en outubro. O acto terá lugar a partir das 19h30 na sede da Fundación Caixa Galicia e consistirá na lectura de poemas por amigos e compañeiros de xeración e a actuación musical do 'Grupo Instrumental Siglo XX'.
X. M. Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Ignacio Chao, María do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Gonzalo Navaza, Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xavier Seoane participarán no recital. A comezos de novembro algúns deles xa participaran nunha outra homenaxe ao poeta eumés que clausurou a II Bienal Literaria 'De Pedra e de Palabra' do Pen Clube. Velaquí algúns dos poemas lidos daquela por Ana Romaní, Anxo Angueira, Xavier Seoane, Salvador García Bodaño, Xose María Álvarez Cáccamo ou Gonzalo Navaza: