Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa faleceron nove persoas

Medra a epidemia de dengue na Arxentina con máis de 14 mil casos probábeis

Na última semana a área máis poboada do país sumou outro cento de persoas infectadas. Na actualidade hai máis de 200 casos diagnosticados na capital.

Redacción - 16:30 07/04/2009
O mosqueito Aedes Aegypti, que causa a enfermidade do dengue

O mosqueito Aedes Aegypti, que causa a enfermidade do dengue

Son máis de 200 os casos de dengue confirmados ou en proceso de tratamento, e diagnosticáronse na zona máis poboada da provincia de Bos Aires, na Arxentina, a Capital Federal e Gran Bos Aires.

A comezos desta semana o goberno fumigou nove zonas da capital, porque a epidemia, conforme pasan os días, vai sendo maior. A pasada semana tíñase coñecemento de dúas ducias de casos, unha cifra que foi aumentando. Nos últimos sete días diagnosticáronse un cento de casos máis, sen contar os que aínda están a ser analizados.

Fumigando o país para terminar co mosquito que transmite o dengue
Segundo explicou no diario arxentino Clarín, o responsábel de epidemioloxía do Ministerio de Saúde na cidade de Bos Aires, Raúl Fonlenza, os casos de dengue diagnosticados na capital e na provincia son "importados". "Son viaxeiros que foron a outra provincias onde si hai circulación do virus, ou que estiveron en Bolivia, onde comezou o brote de dengue a finais do ano pasado, e nas provincias de Chaco e Salta", sinalou Fonlenza. Polo seu lado, o homólogo de Fonlenza na provincia de Bos Aires, Mario Masana Wilson, informou que a presenza de máis infectados "levou a reforza a fumigación dos barrios, e a vixilancia da febre: tómaselle unha mostra de sangue a cada paciente que chega ao hospital con febre e outros síntomas do dengue". Ademais das fumigacións, na provincia estanse poñendo "trampas" para controlar o avance do mosquito Aedes Aegypti, que transmite este enfermidade.

Máis de 14 mil casos en todo o país, e xa faleceron nove persoas
Na actualidade, se se teñen en conta os "casos importados e os autónomos", 13 dos 24 distritos nos que se divide o país sudamericano están afectados (sen coñecer aínda as cifra que manexa o Ministerio de Saúde, poderían chegar aos 14 mil casos). Xa faleceron nove persoas por causa do dengue.

Segundo o membro da Organización Panamericana da Saúde en Bos Aires, José Antonio Pagés, consultado por este diario arxentino, a epidemia á que se enfronta Arxentina "é parte do avance da enfermidade en América Latina e o Caribe", que hai dúas décadas aumentou a súa incidencia "polas migracións, a existencia de barrios marxinais, a pouco axeitada xestión ambiental e os efectos do quentamento global". Este experto tamén lembrou que as provincias do norte do país tamén están a ser afectadas pola enfermidade das chagas, a febre amarela e a malaria".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: