Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Contra as "agresións impunes"

Mobilización cidadá coincidindo co 60 aniversario da OTAN

Actividades antimilitaristas en todo o mundo, tamen en Galiza, onde a Coordinadora "Pontevedra Contra a Guerra" pide a desaparición da Brilat.

Redacción - 10:45 04/04/2009
Sede da Brilat en Figueirido

Sede da Brilat en Figueirido

A cidade alemá de Baden-Baden acolle esta fin de semana os actos do 60 aniversario da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), nunha xuntanza á que acoden os líderes políticos de todos os estados membros deste organismo intenacional.

Na mesa o primeiro dos asuntos fundamentais a debate é a propia elección do próximo secretario xeral, cargo para o que o nome que máis consenso acadou polo momento é o do primeiro ministro de Dinamarca, Anders Fogh Rasmussen. Doutra banda, o debate sobre o futuro da ocupación de Afganistán polas tropas da OTAN é o gran centro das discusións. Neste punto, o presidente estadounidense, Barack Obama, chega á cita especialmente interesado en conseguir o compromiso dos seus aliados en favor da inxección de máis recursos na operación afgá.

Elevados gastos militares
Doutra banda, contámoslles que o custo total en armamento nos estados membros da OTAN seguen a subir chegando ao 70% dos gastos militares mundiais.

Velaí un dos datos que os colectivos altermundistas levan a primeiro plano este sábado 4 de abril, aproveitando o 60 aniversario da OTAN. No caso concreto do Estado Español, o gasto militar é de case 51 millóns de euros por día. "Son recursos que podían adicarse a problemas reais que a sociedade enfronta cada día: laborais, sociais, ambientais ou de pobreza", apuntan desde a Coordinadora Pontevedra Contra a Guerra.

A prol da supresión da Brilat
A plataforma pontevedresa ten especial protagonismo nesta xornada, xa que centra as súas reivindicacións na solicitude do desmantelamento da base militar do exército español neste concello. A base da Brigada Lixeira Aerotrasnportábel Galicia VII (Brilat) ocupa montes comunicais "arrebatados pola forza durante o franquismo", recordan, denunciando ademais o recente conflito pola intención do Ministerio de Defensa de ampliala "en contra da vontade da veciñanza".

Láianse ademais desde a coordinadora de que Brilat participa "na ocupación de Kosova, Líbano ou Afganistán" e que neste último caso, a operación implica o gasto de 700 millóns de euros dende 2002. "Dende a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra apostamos pola saída e futura disolución da OTAN, e pola desaparición da Brilat", subliñan por este motivo.

"Mentres se xustifican as intervencións militares por razóns humanitarias (as chamadas misións de paz do exército español custan máis de un millón y medio de euros ao día), realmente so o 0,006% se destina a cuestións humanitarias do gasto total militar", debullan, "por cada euro dedicado a investigación sanitaria se dedican 5 a la investigación militar". Alén da concentración e despregue dunha pancarta este sábado na Cruz da Alameda, en Pontevedra, o colectivo continuará as súas actividades nas próximas semanas, artelladas arredor da campaña antimilitarista co lema "60 anos de OTAN,60 anos de agresións impunes".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: