Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS

Marzo deixa no país case cinco mil parados

O número total de parados en Galiza superou o pasado mes os 211.400 desempregados.

Redacción - 09:45 02/04/2009

A subida do paro continúa un mes máis imparábel e déixanos un mes de marzo no que cada día perderon o seu emprego un total de 158 galegos. É a media diaria dunhas cifras que deparan unha suba total de 4.914 persoas que se sumaron ás listas do paro en Galiza, un incremento estatístico do 2,3%. Cos datos na man, o número de galegos que, a día de hoxe, se atopan desempregados ascende a 211.484 persoas.

No Estado Español medra máis

Se viramos a vista cara as cifras conxuntas do Estado Español, atopámonos cun total de 3,6 millóns de persoas que se sumaron ás listas do Instituto de Emprego (INEM). Foi o peor mes de marzo dentro da serie histórica, segundo informou o Ministerio de Traballo e Inmigración e deixou na rúa 123.543 desempregados máis con respecto a febreiro, é dicir, unha suba do 3,5%.

Os servizos lideran a perda
Todos os sectores económicos son vítimas desta crise que se traduce na destrución de emprego. Con todo, os servizos é o que viu perder máis traballos. Así, neste eido quedaron na rúa no pasado mes de marzo 120,192 galegos. Séguelle a industria (34.867 desempregados máis), a construción (+32.701) e a agricultura (+5.573).


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: