Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Inauguración en Sigüeiro da exposición

''O LOBO, UNHA CARREIRA POLA SUPERVIVENCIA''

Inauguración 2 de abril ás 20:30h na sala "Pedro Miras" de Sigüeiro. Logo do seu paso pola Coruña e Compostela, este xoves 2 de abril chega a Sigüeiro (Oroso) a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo.

ADEGA - 18:29 31/03/2009
Tags:

A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats. Reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Ficha tecnica EXPOLOBO (60 KB)
 
Contidos:
- Paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galiza.
- Fotografías sobre a especie e o seu medio.
- Elementos relacionados coa bioloxía do lobo.
- Mostra bibliográfica.
- Documental sobre o lobo rodado en liberdade.
- Elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura.
 
Lugar e data: Sala "Pedro Miras", 2 de abril ás 20:30h. Avda. de Compostela, 16 - 1º (Enriba Restaurante MIRAS), Sigüeiro - Oroso.
 
Horarios*:
De luns a venres de 17:30 a 20:30 h. Sábados de 11:30 a 13:30 h.
* O horario podería sufrir modificacións.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: