Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'SEMANA DA POESÍA SALVAXE', DO 15 AO 18 DE ABRIL

Os versos volveranse rebelar en Ferrol

Na nova edición da 'Palabra encarnada' participarán Paco Pestana, Leire Bilbao, Olalla Cociña ou Carlos Oroza, e pecharase cun concerto de Golpes Bajos.

Redacción - 09:00 01/04/2009

En auditorios, antigas capelas, pubs, na praza de abastos, e na mesma rúa. A poesía ocupou toda a cidade de Ferrol a pasada primavera. Foi un Golpe de Estado non violento, a poesía sublevouse e a palabra foi encarnada. Volve a Semana de Poesía Salvaxa, desta vez homenaxeando a Golpes Bajos, que pecharán os actos o sábado 18, e coa participación de Paco Pestana, Leire Bilbao, Olalla Cociña, Pandora Vuk ou Carlos Oroza. Nos catro días que durará a semana, a poesía non parará, polas mañás nos mercados da cidade, polas tardes nas rúas e prazas, e pola noite nos bares e auditorios de Ferrol.

Na primeira edición da Semana de Poesía Salvaxe participaron Guillermo Ferrández & Karlotty, María Lado e Lucía Aldao, Víctor Díez, David González, Camilo Franco e Magín Blanco, O Leo e Carlos Oroza. As rectilíneas rúas de Ferrol foron escoitaron as palabras que procuraban elevarse sobre o ruído do cotián reivindicando a forza da oralidade sobre o texto inmutábel e domesticado.

Repite Carlos Oroza, que o pasado ano presentou mundialmente o seu novo espectáculo poético: Donde la noche da la mano al día. Oroza, poeta integrante da xeración beat nacido en Viveiro en 1931, cofundou a Revista Tropos e foi integrante do movemento beat. Publicou os libros Eléncar (1974), Cabalum (1980), Alicia (1985), Una porción de tierra gris del norte (1996), En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (1997) e La llama prestada (1998).

Destaca tamén a participación de Leire Bilbao (Ondarroa, 1978). Publicou o seu primeiro poemario, Ezkatak, en 2006 na editorial Susa, e nese mesmo ano unha obra de literatura infantil Amonak nobioa du, eta zer? Escribe un artigo semanal en Berria. A Semana pecharase cun concerto dos Golpes Bajos de Germán Coppini; será o 18 de abril, no Teatro Jofre, a partir das oito e media da tarde e con entradas a 15, 12 e 6 euros.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: