O Consello de Ministros extraordinario acorda tamén a substitución do consello de administración da caixa.
O Goberno aprobou este domingo, nun consello de ministros esxtraordinario, un real decreto lei polo que se autoriza concesión dun aval do Tesouro ao financiamento que outorgue o Banco de España, por un importe máximo de 9.000 millóns, a favor de Caja Castilla-La Mancha. Así mesmo, o Goberno acordou a substitución do consello de administración de CCM, encabezado polo seu presidente, Juan Pedro Hernández-Moltó, por tres administradores que actuarán de forma mancomunada.
María Teresa Fernández de la Vega afirmou que se adoptou esta decisión despois de que o Banco de España constatase a necesidade de financiar "de forma extraordinaria" a CCM "para que poida superar as súas necesidades transitorias de liquidez e poida facer cumprimento ás súas obrigacións fronte a depositantes e acreedores". De la Vega aproveitou para enviar unha "mensaxe de tranquilidade" aos cidadáns, especialmente aos que teñen os seus aforros en CCM, asegurándolles que con esta decisión "se garantízan os seus aforros e depósitos".
Solbes: "Se seguimos tendo problemas de liquidez ningúen é inmune a longo prazo"
Pola súa banda, o vicepresidente segundo e ministro de Economía, Pedro Solbes, subliñou que CCM é "unha entidade solvente" que "non ten ningún buraco financeiro", senón un problema de liquidez que só se pode paliar mediante financiamento. Así mesmo, fixo fincapé en que a caixa ten un patrimonio neto positivo. "Non estamos inxectando capital público. Estamos realizando unha achega de liquidez pública para sanear a caixa e que poida seguir operando con normalidad", afirmou.
Solbes asegurou que non hai ningunha outra entidade nestas circunstancias ("eu estou tranquilo coas caixas", dixo) pero recoñeceu que "se seguimos tendo problemas de liquidez, ninguén é inmune a longo prazo".