O chairego é gañador desta volta, na modalidade de autor, do recoñecemento da Federación de Libreiros de Galicia.
Se este xoves era os escritores os que nos facían saber dos finalistas dos galardóns outorgados pola propia Asociación de Escritores en Galego, agora vimos de coñecer a decisión do xurado da 18ª edición dos Premios Irmandade do Libro, nesta caso organizados pola Federación de Libreiros de Galicia.
Os libreiros decidiron así proclamar gañador, na modalidade de Autor, ao escritor Xabier P. Docampo, valorando "tanto a súa extraordinaria faceta creadora como a súa contrastada vocación de traballo a prol do libro e da lectura" en Galiza. Os premios entregaranse no Carballiño o próximo 28 de marzo. Velaquí os finalistas no resto de modalidades:
Fomento da lectura: