O debuxante David Aja, de Valladolid, ambienta en Galiza o número 116 do cómic da Marvel.
No número 116 de Daredevil, que saiu á venda hai dúas semanas nos Estados Unidos, o seu arquiinimigo Kingpin regresa, e faino na Costa da Morte. O cómic, que inicia unha nova serie, titúlase Return of the King: Prologue on the Costa da Morte e foi debuxado polo pucelano David Aja, que o pasado ano pasou polas Viñetas do Atlántico da Coruña. O guionista, Ed Brubaker, quería que a historia se ambientase nunha zona costeira de Europa.
Nas páxinas do cómic vense cantís, pintadas de Nunca Máis, bares con carteis de Estrella Galicia. A Costa da Morte en cadriños.