Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMICIOS ELECTORAIS

Eleccións no Salvador: entre o cambio e a dereita

Os salvadoreños votan este domingo nunha cita electoral na que o FMLN, partido de esquerdas, podería chegar por vez primeira ao poder.

Redacción - 10:00 15/03/2009

O Salvador vive este domingo unha xornada electoral histórica e competida. A rifa final estará entre os candidatos do oficialismo de dereita e a ex guerrilla esquerdista. Segundo as enquisas, os candidatos, Rodrigo Avila, da forza gobernante Alianza Republicana Nacionalista (Arena) e Mauricio Funes, do Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN), están empatados técnicamente. Así, a chave do resultado desta xornada estará na man do 20% de indecisos que aínda non decidiron o seu voto.

Esta é a primeira vez que Arena pode perder a súa hexemonía, xa que se mantén no poder dende xuño de 1989. Ávila, o candidato por esta opción de dereitas, asegurou que "aceptará" e "será respectuoso" coa decisión dos electores nestes comicios, nos que están chamados a participar uns 4,3 millóns de salvadoreños. A tensión é moita nas rúas, e mesmo no sábado houbo disturbios en pleno centro da capital, San Salvador. Mentres, o actual presidente, Elías Antonio Saca, nunha mensaxe ao país pediu aos cidadáns que acudan a votar para "defender o futuro da patria" nunhas eleccións que deben, dixo, "converterse nunha festa cívica".


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rodrigo Avila, da forza gobernante Alianza Republicana Nacionalista (Arena) aspira a sumar outra victoria da dereita
Rodrigo Avila, da forza gobernante Alianza Republicana Nacionalista (Arena) aspira a sumar outra victoria da dereita
Mauricio Funes, do Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) pode acadar unha vitoria histórica da esquerda
Mauricio Funes, do Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) pode acadar unha vitoria histórica da esquerda