Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DECLARADA 'BEN DE INTERESE CULTURAL'

A casa de Castelao, "santuario de galeguidade", recibirá a máxima protección

O Consello da Xunta aprobou a medida menos dun mes despois de que os técnicos da Consellaría de Cultura entrasen no inmóbel.

Redacción - 17:45 12/03/2009

O Consello da Xunta declarou este xove a casa familiar de Castelao en Rianxo Ben de Interese Cultural, coa categoría de sitio histórico. Esta declaración recoñece o valor histórico e simbólico da casa e outórgalle o máximo grao de protección prevista na lexislación para o patrimonio cultural.

A declaración pon fin a un proceso que a Consellaría de Cultura puxo en marcha en xullo de 2006. O 17 de febreiro deste ano os técnicos de Cultura entraron no inmóbel para comprobar o estado actual do seu interior e das súas pertenzas. Realizouse ademais unha reportaxe fotográfica para incorporar á documentación do expediente de declaración de BIC.

O decreto de declaración arguméntase que na biografía de Castelao "a casa familiar de Rianxo significou o punto de ida e permanente retorno, o lugar que foi entendido popularmente como un santuario de galeguidade, e así se entendeu sempre nos ámbitos culturais e sociais de Galiza. O domicilio familiar constituíu a súa referencia fixa na súa vila natal, e consecuentemente existía unha estreita identificación, privada e pública, de Castelao con aquel".

No decreto explícase que a casa "permaneceu baixo propiedade e uso da familia de maneira ininterrumpida durante case un século, sen que apenas mudase por dentro desde os anos anteriores á Guerra Civil, polo que conserva fielmente a fasquía e o ambiente das casas vilegas de clase media do primeiro terzo do século XX, neste caso no ámbito dunha vila mariñeira". No decreto sinálase, finalmente, que a casa presenta a posibilidade real de revivir o ambiente vital máis íntimo de Castelao.

Mira aquí o complicado proceso que levou á declaración como BIC


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: