Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
RUGBY

O CIP coruñés loitará coas mellores do estado

As mozas do equipo da Universidade da Coruña comeza o vindeiro día 21 a súa participación no campionato estatal de rugby.

Redacción - 11:00 19/03/2009
Tags: CIP rugby
Xogadoras do CIP Universidade da Coruña / Foto: Carlos del Río

Xogadoras do CIP Universidade da Coruña / Foto: Carlos del Río

O club de rugby CIP da Universidade da Coruña representará a Galiza no Copa estatal de rugby que comezará este mes de marzo. O equipo coruñés ganouse o dereito a estar nesta competición despois de proclamarse campión galego.

Agora disputará un torneo no que participan oito equipos divididos en dous grupos. O CIP xoga os dous primeiros partidos do grupo na casa contra o Olímpico Pozuelo de Madrid (sábado 21 de marzo) e o INEF Barcelona. Rematará a fase de grupos contra o Mungia Rugby, o 4 de abril.

As dúas escuadras mellor clasificadas nesta fase de grupos pasarán ás semifinais, que se disputarán ao mellor de dous partidos. En principio, o INEF Barcelona parte como favorito do grupo pola súa condición de actuais subcampioas, mais o CIP Universidade da Coruña tratará de facer un bo papel nunha competición en que acadou o terceiro lugar no ano 2004.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: