Trátase do primeiro satélite espacial que lanza o goberno de Kim-jong-il, que semella ter todo preparado, malia a desconfianza dunha parte da comunidade internacional.
O líder norcoreano Kim Jong Il
As autoridades de Corea do Norte fixaron para comezos do vindeiro mes, concretamente entre os días 4 e 8 de, o lanzamento do seu primeiro satélite espacial, tal e como informa a axencia surcoreana Yonhap.
Este anuncio coincide coas declaracións no Congreso estadounidense do director da Intelixencia Nacional dese país, Dennis Blair, recoñecendo que todo apunta a que as Corea do Norte vai lanzar un satélite, tal e como afirman.
As declaracións de Blair contrastan coa tese defendida por algúns analistas segundo os que este lanzamento esconde detrás o ensaio co mísil de longo alcance Taepodong-2, con capacidade para alcanzar territorio canadense.
O goberno de Kim-jong-il leva tempo preparando o lanzamento deste satélite e, segundo informou a axencia norcoreana KCNA xa notificou o lanzamento a varias autoridades internacionais como a Organización da Aviación Civil Internacional ou a Organización Marítima Internacional, entre outras. O obxectivo desta notificación sería respectar "a navegación segura de avións e barcos".