Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Propoñen que as iniciativas lexislativas do goberno español se debatan na rede

O texto presentado no Congreso dos Deputados aspira a que a cidadanía opine sobre anteproxectos antes de que cheguen ao Consello de Ministros.

Redacción - 19:00 11/03/2009
Unha das estatuas con forma de león situadas á entrada do Congreso dos Deputados, en Madrid

Unha das estatuas con forma de león situadas á entrada do Congreso dos Deputados, en Madrid

Unha proposición non de lei presentada no Congreso dos Deputados aspira a que a cidadanía poida xulgar e facer achegas ás iniciativas lexislativas na internet. Esa participación tería lugar previamente á súa aprobación no Consello de Ministros e da súa tramitación no parlamento español.

A proposta, presentada polo Partido Popular, consiste en que o executivo faga dispoñíbel información sobre os anteproxectos de lei na web 060.es, e que achegue os antecedentes que considere necesarios. Ademais, pide que se regule que a cidadanía poida opinar sobre as iniciativas gobernamentais "nos momentos previos" á transformación dos anteproxectos en proxectos de lei.

Deste xeito, preténdese "estimular a participación cidadá nos procesos lexislativos" e facilitar que presente propostas, suxestións ou opinións. Ademais, segundo a proposición, as achegas da cidadanía formarían parte da documentación que o goberno español remita ao Congreso.

O Plan Moderniza 2006-2008 xa contemplaba someter a consulta pública determinados anteproxectos, aínda que na práctica tivo unha aplicación moi excepcional. O Parlamento de Galicia dispón dunha sección dedicada á participación cidadá, Lexisla con nós, que, lamentabelmente, conta con moi escasas achegas da cidadanía aos textos en tramitación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: