Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO DÍA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA

"Que ningún traballador quede sen prestación social"

As manifestacións en demanda da creación e mantemento do emprego sucédense este martes por todas as comarcas do país. Vídeo no interior.

Isabel G. Couso (texto e vídeo) - 17:45 10/03/2009

"Os cartos dos banqueiros nos soldos dos obreiros", "a crise social que a pague o capital", ou "postos de traballo na nosa terra!". Estas son algunhas das proclamas que no Día da Clase Traballadora Galega se escoitan nas diferentes concentracións que se repiten ao longo do país. En Santiago de Compostela, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explícanos cales son as principais demandas nesta data: "é urxente a creación de emprego, o seu mantemento e a dotación de maiores e mellores prestacións sociais, para que ningún traballador se quede sen cobertura", explica.

Doutra banda, o secretario comarcal da CIG en Compostela, Anxo Noceda, tamén incide nestas medidas, que considera "urxentes" e completa: "para garantir un nivel de vida digno dos traballadores é necesaria unha real redistribución da riqueza". Os manifestantes de Santiago, que se concentraron na Praza de Galiza, levaron a súa protesta cara a unha entidade do Banco Santander, perante o cal denunciaron a achega de miles de millóns á banca "que non serviron para mellorar a situación das familias galegas nin do tecido produtivo do país".

Finalmente, no referente ás demandas ao futuro goberno galego en materia de emprego, Seixo enumera: "a necesidade de maior investimento público de carácter produtivo, aumento de gasto social, nacionalización da banca, profundar na transferencia de competencias para Galiza e apoio para os sectores produtivos galegos para mellorar a súa competitividade".


Ligazóns

4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manifestación en Santiago de Compostela

En SAntiago de Compostela, a concentración celebrouse na Praza de Galiza
En SAntiago de Compostela, a concentración celebrouse na Praza de Galiza
"A crise social, que a pague o capital" berraron os manifestantes
"A crise social, que a pague o capital" berraron os manifestantes