Carlos Pérez e Teresa Portela gañaron as súas regatas mentres que o Kayak Tudense dominou a clasificación xeral.
Máis de 300 padexeiros participaron nos campionatos
Castrelo de Miño acolleu esta fin de semana o campionato galego de piragüismo, no que finalmente non houbo sorpresas e os grandes favoritos impuxéronse nas súas categorías. Este foi o caso, por exemplo, de Carlos Pérez (K-1 sénior), Teresa Portela (K-1 sénior), Tania Fernández (K-1 xuvenil) ou José Luís Bouza (C-1 sénior). As regatas disputáronse sobre distancias de 5000 ou 3000 metros.
Na clasificación por equipos o Kayak Tudense tamén cumpriu os prognósticos e impúxose con claridade aos seus rivais acadando 3055 puntos no total das categorías. O podio por equipos completárono o Club As Torres - Romaría Vikinga, con 1756 puntos, e o Club Náutico Firrete, que acadou 1308.
Campionato galego de veteranos
Varias das regatas disputadas durante a fin de semana en Castrelo de Miño correspondían ao campionato galego de veteranos, que se celebrou paralelamente. Nesta competición o club gañador foi o Naval de Pontevedra, con 110 puntos; seguido do Náutico ría de Betanzos, que acadou 105 puntos.