Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Misión histórica"

Estamos sós?

A NASA pon en órbita o telescopio 'Kepler' para procurar planetas habitados ou habitábeis como A Terra.

Redacción - 19:15 07/03/2009

A Axencia Espacial estadounidense (NASA) lanzou ao espazo na madrugada do venres ao sábado un potente telescopio, que orbitará arredor do sol, co fin de procurar planetas habitados ou habitábeis similares á Terra.

A misión do satélite, que recibe o nome de Kepler na honra do astrónomo alemán, durará tres anos e medio e centrarase en observar unha rexión espacial onde se calcula podería haber máis de 100 mil astros coas mesmas características que o planeta que habitamos.

Dende que en 1995 se descubriu o primeiro dos extrasolares, é dicir, fóra do sistema solar en que orbita A Terra, xa se atoparon un total de 340, todos con telescopios dende a superficie terrestre.

"Misión histórica"
"Esta é unha misión histórica; non só un proxecto científico", afirmou Edward Weiler, responsábel da área de misións científicas da NASA.

"Considero que aborda cuestións humanas básicas que forman parte do noso código xenético dende que o primeiro home ou muller mirou cara ao ceo e preguntouse: 'Estamos sós?'"


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: