Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PASAMENTO

Loito polo presidente de Finsa

Santiago García Baliña, que faleceu este xoves como consecuencia dun infarto, era o responsábel do primeiro grupo madeireiro do país.

Redacción - 14:05 06/03/2009

A empresa Finsa está de loito logo de que morrese o seu presidente, Santiago García Baliña. Presidente do consello de administración e conselleiro delegado da compañía, faleceu a consecuencia dun infarto cando regresaba a Galiza dunha viaxe. Máis coñecido como Tito Cambón, asumira o cargo logo da morte do seu irmán hai preto dun ano.

Nacido en Ames (A Coruña), en 1941, desenvolveu xunto coa súa familia a súa carreira profesional nesta empresa de fundara o seu pai e que xa está ligada á historia forestal de Galiza. Na actualidade, Finsa é o primeiro grupo madeireiro do Estado Español e conta cuns 3.400 traballadores, 22 fábricas (10 en Galiza e Portugal) e unha rede de oficinas comerciais que se reparten por todo o mundo. A facturación do ano pasado ascendeu a 1.491 millóns de euros, o que converte á compañía no quinto grupo empresarial galego.

Este venres será enterrado nun acto íntimo e familiar e o vindeiro luns celebrarase un funeral na súa honra na compostelá igrexa de San Francisco.


Ligazóns

3/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: